• Nuevo

QUESO VACA TORNEIROS 500G. (BAJO PEDIDO)

Referencia:
24,26 €
Impuestos incluidos

O nome é en homenaxe á parroquia de Ecoleia (Torneiros), a gandería veciña de onde procede o leite ecolóxico recén muxido, o protagonista deste queixo. Receita de queixo tradicional que innova cunha codia á que lle aportamos carbón vexetal para favorecer o crecemento de levaduras e mofos comestibles.

– Este queixo non se prensa, deixámolo desorar de xeito natural pola gravidade até o punto de acidez preciso volteándoo varias veces.

– Despois de salar en salmoeira, pasa a unha breve fase de afinado.

– Unha vez oreado, aplicamos a man unha capa de carbón vexetal alimentario que axuda á evolución desexada da codia.

– Cando as levaduras e os fungos comezan a desenvolverse, envólvese en papel especial e remata de madurar en frío, conservando humidade na pasta.

– Tempo de afinado entre 30 e 40 días.

Cantidad